Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2019

Inés Rey: “O traballo de Down Coruña é un exemplo para todos nós na inclusión social a través da formación”

Inés Rey participou hoxe na inauguración do V Encontro Nacional de Xoves de Down España. Segundo Rey, a asociación coruñesa é un referente na cidade pola súa política de formación e inclusión social

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe na inauguración do V Encontro Nacional de Xoves de Down España que ten lugar estes días na cidade. Segundo Rey, a asociación coruñesa é un referente na cidade pola súa política de formación e inclusión social.

"Esta é unha oportunidade para coñecervos, para coñecer esta cidade, pero sobre todo é unha oportunidade para poñer en valor as políticas que temos que pór en práctica. Temos que imitar a esta entidade coruñesa na formación destes coruñeses e coruñesas co fin de que poidan acceder ao mercado laboral. Trátase de xerar novas oportunidades que poden ser fundamentais para fomentar a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual".

"Hoxe aquí  practícase a visibilidade, pero sodes vós os que tedes moito que ensinarnos a todos. Terédesnos sempre ao voso lado".

Neste encontro as persoas usuarias das diferentes entidades que forman parte de Down España poderán gozar dunha gran fin de semana repleta de actividades a través das cales poderán coñecer outras experiencias de vida e gozar de vivencias moi enriquecedoras en encadres da cidade moi especiais.

Ademais de gozar e coñecer a outras persoas de diferentes partes de España, outro obxectivo do encontro é reflexionar xuntos sobre o seu presente e futuro, debater sobre temas de interese para eles e compartir inquietudes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión