9 de abril de 2025
A alcaldesa e as concelleiras Nereida Canosa e Yoya Neira participaron hoxe no evento conmemorativo polo cuarto de século da entidade, celebrado no paseo do Parrote
O paseo do Parrote acolleu hoxe o acto conmemorativo polo 25º aniversario da Asociación Dano Cerebral A Coruña (ADACECO), no que participaron a alcaldesa, Inés Rey, e as concelleiras Nereida Canosa e Yoya Neira, que coincidiron en destacar á entidade como un piar fundamental para o tecido social da cidade e a súa área metropolitana desde hai un cuarto de século.
En España viven máis de 430.000 persoas con dano cerebral adquirido. "Isto supón, que nalgún momento da súa vida, estas máis de 430.000 persoas viron como o seu día a día viraba bruscamente de forma repentina, sen aviso algún. Imos, paso a paso, acadando logros. Moitos deles son o resultado de anos e anos de loita diaria tanto por parte das persoas afectadas por dano cerebral adquirido como das súas familias", expresou Rey.
Adaceco, que arrincou a súa andadura con Carmen Fernández Quiroga á fronte, conta, a día de hoxe, con máis de medio milleiro de socios e, a medio prazo, disporá de novas instalacións en Eirís, onde está en marcha a construción do seu novo centro de rehabilitación, unha obra que arrincou a inicios de outubro.
"Paso a paso, vanse dando pasos firmes para dar resposta ás necesidades existentes, non só en materia de instalacións, senón tamén no referente á calidade de vida das e dos afectados, con máis atención e mellores terapias e programas de desenvolvemento neurocognitivo. Cada avance físico ou sensorial, cada persoa que vai vendo a luz á final do túnel, dá esperanza a todas as que comparten ese camiño, que tamén é o noso, porque todas e todos estamos no mesmo barco", dixo a alcaldesa, que agradeceu expresamente o traballo e compromiso do actual presidente da entidade, Juan Luis Delgado, presente no acto deste mércores.
A media mañá, centos de persoas formaron un número 25 xigante na explanada do Paseo, unha acción simbólica concibida para visibilizar "os anos de loita e perseverancia da asociación, dos pacientes e das súas familias e achegados, tamén os avances acadados ao longo do camiño", expresou pola súa banda Nereida Canosa.
Ao acto tamén asistiron a subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

3 de decembro de 2025

25 de novembro de 2025

7 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible