Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xuño de 2026

Inés Rey pon en valor o traballo inclusivo e educativo da Universidade Sénior no seu 25º aniversario

A alcaldesa participou hoxe no acto conmemorativo cos alumnos da institución

A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe no acto de celebración do 25 aniversario da Universidade Sénior, un programa da Universidade da Coruña para maiores de 50 anos que achega a oportunidade de cursas estudos universitarios na madurez e que ten actividade tanto na Coruña como en Ferrol. 

Xunto á alcaldesa, estiveron na cita Ricardo Cao Abad, reitor da Universidade da Coruña; Antonio Acevedo Prado, director xeral  de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta, e Rosa María Martínez Beceiro, concelleira de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol. 

"Os alumnos e alumnas da Universidade Sénior dan un exemplo moi claro e moi esperanzador. A perseveranza. O perseguir os soños como unha forma de rebeldía. Todas estas son calidades admirables que empuxaron, durante todos estes cursos, a centos de persoas a buscar máis aló. A reinventarse. A saciar a sede de saber. Nunca é demasiado tarde. A vontade de seguir sempre activo, sempre disposto a escribir un capítulo novo, é a mellor gasolina que ten o ser humano", apuntou a alcaldesa no seu discurso de felicitación ao estudiantado.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión