Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xaneiro de 2024

Inés Rey: “A Coruña tiene algo único, espíritu de ciudad y un carácter que marca la diferencia: nuestra cultura de vivir”

Inés Rey presenta “A Coruña, cultura de vivir”, nova imaxe turística da cidade

Xoel López, Carolina Iglesias, Luis Veira, Yolanda Castaño e Luis Piedrahita súmanse á promoción turística da Coruña como embaixadores da cidade herculina

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta noite a nova imaxe turística da cidade para o ano 2024 baixo o lema "A Coruña, cultura de vivir", que reivindica o carácter coruñés como principal reclamo turístico. O evento, celebrado no centro cultural madrileño La Casa Encencida, contou co presentador Rodrigo Vázquez como conductor do acto xunto coa poeta Yolanda Castaño, o humorista David Amor, o xornalista Nacho Carretero e o músico Xoel López.

A alcaldesa explicou que A Coruña conta con todo o que un visitante busca nun destino. "Nosotros tenemos algo que es más complicado encontrar: un espíritu de ciudad, un carácter único que marca la diferencia, nuestra cultura de vivir", engadiu. Nesa liña, o novo spot publicitario da Coruña recorre a personalidades coruñesas recoñecidas a nivel nacional para explicar en primeira persoa o carácter da Coruña.

Xoel López, Carolina Iglesias, Luis Veira, Yolanda Castaño e Luis Piedrahita súmanse así á promoción turística da Coruña como embaixadores da cidade herculina. "No se me ocurre mejor forma de poner el acento coruñés en nuestra proyección nacional e internacional que reconociendo a quienes lo han llevado a tantos rincones desde el humor, la cocina, la poesía o la música", sinalou Rey.

A alcaldesa agradeceulles aos presentes que a acompañaran no acto así como aos embaixadores que se sumaran ao reto. "Cómo no, gracias también a ellos somos la ciudad de la cultura, la gran capital ilustrada de Galicia, la que mejor supo entender nuestra identidad para proyectarla con vocación universal, atlántica", explicou.

Como mostra da gastronomía coruñesa, baseada na vangarda, o evento contou cunha degustación da man de Coruña Cociña. "Esa mezcla de tradición y vanguardia es lo que nos ha convertido en una referencia mundial en muchos ámbitos, como por ejemplo en la gastronomía atlántica", expuxo a rexedora.

Distribuíronse cinco estacións salgadas e unha doce, con pratos elaborados polos cociñeiros Gorka Rodríguez, Javier Freijeiro, Moncho Bargo, Antonio Amenedo, Álvaro Victoriano e Pablo Morales. "Tenemos los mejores productos, especialmente los del mar, pero también los mejores intérpretes, los que están protagonizando una revolución en la cocina, en esa Coruña Cocina que los reúne y que hoy nos acompaña" explicou a alcaldesa.

Rey lembrou que este ano 2024 conmemóranse 15 anos dende que a Torre de Hércules foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o pasado 27 de xuño do 2009. En referencia á efeméride, a alcaldesa avanzou que se celebrará "con un evento especial" e que será un dos eixes clave da estratexia turística de 2024 que se presenta mañá en FITUR.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión