13 de agosto de 2025
Desde hoxe e ata o domingo haberá actuacións diarias no Campo da Leña e María Pita
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no palacio municipal de María Pita ás catro formacións que participarán desde hoxe e ata o domingo 17 no Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña. Tratase de Kirqui Wayra Compañía de Danzas Tradicionales de Chile, Zespol Piesni i Tanca Lany de Polonia, Ballet Jammu de Senegal e a Asociación de Coros y Danzas Eidos a Asociación de Coros e Danza Eidos da Coruña. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o presidente de Eidos, Javier Carro.
"Este Festival Internacional de Folclore é, sen dúbida, unha das citas máis especiais e imprescindibles das nosas Festas de María Pita", sinalou Inés Rey durante a súa intervención. A alcaldesa destacou o importante papel a prol da "diversidade e a promoción do patrimonio cultural internacional" que ten este certame, que celebra a súa edición número 38 neste 2024. "Durante uns días os coruñeses e coruñesas terán a oportunidade de coñecer a esencia de diferentes culturais, as súas costumes, traxes, vestimentas e tradición oral e musical", dixo Rey.
A alcaldesa entregou durante a recepción oficial un agasallo a cada compañía, ao igual que fixeron estas co Concello. Rey quixo tamén felicitar á Asociación de Coros e Danza Eidos polo seu traballo na organización deste certame.
Programa completo do Festival Internacional de Folclore
Mércores 13 de agosto
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña. Gala inaugural.
Grupos participantes:
Xoves 14 de agosto
Ás 19:00 h: Presentación no Cantón Grande (Polonia e Senegal) e na Dársena da Marina (Chile).
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña.
Grupos participantes:
Venres 15 de agosto
Ás 19:00 h: Presentación no Cantón Grande (Chile) e na Dársena da Marina (Polonia e Senegal).
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña.
Grupos participantes:
Sábado 16 de agosto
Ás 19:00 h: Desfile por Palexco, Dársena e Praza de María Pita.
Ás 20:00 h: Actuación na Praza de María Pita.
Grupos participantes:
Domingo 17 de agosto
Ás 19:00 h: Desfile por Cantón Grande, Rúa Real e Praza de María Pita.
Ás 20:00 h: Actuación no Campo da Leña. Gala de clausura do festival.
Grupos participantes:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible