Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xuño de 2016

José Manuel Sande presenta a programación especial da Banda Municipal no mes de xuño, no que darán tres concertos no Centro Ágora

O 25 de xuño a agrupación que dirixe Andrés Valero-Castells interpretará versións de temas de grandes grupos de rock e, o día 29, rendirá tributo aos directores da histórica banda

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá os concertos especiais que ofrecerá este mes de xuño a Banda Municipal de Música da Coruña, a cal cualificou como "unha institución musical de referencia". Serán tres as actuacións que terán lugar os días 9, 25 e 28 de xuño ás 20.00 horas no auditorio do Centro Ágora, e nas que a agrupación que dirixe Andrés Valero-Castells, "que foi escollido polos propios membros da banda", lembrou o edil, interpretará diversas obras de múltiples estilos, desde composicións do músico coruñés Nani García, ata versións de bandas de rock como AC/DC, así como unha homenaxe aos anteriores directores da banda.  

O primeiro concerto da serie será o 9 de xuño, no que se presentará The Wind Factor, un traballo da Banda Municipal que contará co seu clarinete baixo Xocas Meijide como solista, e composta por Nani García. Ademais, neste concerto extraordinario terá lugar a estrea absoluta de  For Whom The Idiophones Toll?, o último traballo para banda do músico coruñés, quen salientou que a agrupación municipal coruñesa "é unha das mellores" do Estado.

A seguinte cita coa Banda de Música no Centro Ágora será o día 25, no que a agrupación ofrecerá unha homenaxe ao rock na que se interpretarán adaptacións de temas de grupos e solistas coma Guns N'Roses, Deep Purple, AC/DC, The Beatles ou Sherpa.

Finalmente, pecharase este ciclo especial no auditorio do centro municipal da Agra do Orzán cun concerto homenaxe aos anteriores directores da banda, como Rogelio Groba, Indalecio Fernández Groba, José Ramón Sierra, Xosé Carlos García, Marcel Van Bree e José Luis Represas, e tamén ao actual director titular, Andrés Valero-Castells. Este concerto tamén servirá para render tributo ao veterano crítico musical coruñés Julio Andrade Malde.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión