1 de maio de 2017
O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, asistirán ao acto de apertura da mostra que, por vez primeira, celebrarase fóra da programación de ‘Viñetas desde o Atlántico’
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participarán mañá, ás 20.00 horas na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, no acto inaugural da exposición Panorama da BD galega, unha escolma e revisión da produción gráfica de 68 artistas do cómic de Galicia deste pasado ano. Ata agora, a mostra integrábase dentro da programación de Viñetas desde o Atlántico, pero co obxectivo de dar a coñecer e difundir as numerosas propostas que se están a realizar na actualidade desde A Coruña e Galicia, a Concellería de Culturas optou por desvincular, temporalmente, esta exposición do salón. Así, Panorama da BD pasará a ter maior protagonismo e, por vez primeira, contará cun catálogo específico que incluirá un traballo de cada artista, co obxectivo de dar maior visibilización ao sector, na liña de actuacións que a área que dirixe José Manuel Sande está a impulsar desde o lanzamento de Coruña Gráfica. A exposición, que conta con Jano Viñuela como comisario, ofrecerá dúas obras de cada un dos 68 autores e autoras que forman parte da mesma --e que teñen vinculación con Galicia--, como reivindicación do importante número de creadoras e creadores de historietas que se está a dar na actualidade, na que conviven debuxantes de longa traxectoria e artistas emerxentes que están a realizar as súas primeiras publicacións, e moi recoñecidas no sector.
A exposición poderase visitar desde mañá, 2 de maio, ata o 4 de xuño todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
Autoras e autores partipantes:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible