24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración
Alfredo Madrigal (1976-2025), Fredo, era coruñés de nacemento e cidadán do universo por amor ao cosmos. Percorreu miles de quilómetros por todo o mundo para gozar da súa paixón polas noites estreladas, dende o norte de Europa ás chairas do oeste dos Estados Unidos, a sabana africana e, por suposto, Galicia. O seu talento como fotógrafo permitiulle rexistrar a beleza dos obxectos do firmamento e tamén das paisaxes, diúrnas e nocturnas. Esta exposición, realizada en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, é unha homenaxe a Fredo e ao seu universo, ao mesmo tempo que unha reivindicación do encanto da noite.
Nove fotografías
A mostra, instalada na planta baixa da Casa das Ciencias, contén nove fotografías en gran formato realizadas por Madrigal, nas que nos ensina espectaculares imaxes da Vía Láctea; a nebulosa de Orión; un remanente dunha supernova, que deu lugar á nebulosa do Allo; un novo cúmulo estelar na constelación de Serpens; a galaxia de Bode e o seu satélite, a galaxia do Cigarro, e a nebulosa do Veo, na constelación do Cisne. Tamén hai imaxes de nebulosas nas que é posible imaxinar formas de animais, a do Cabaliño de mar, a da Pinza de Lagosta e a da Pita do monte.

15 de novembro de 2025

6 de novembro de 2025

3 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible