Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de agosto de 2015

A Concellería de Emprego e Economía Social estudará as achegas das praceiras de San Agustín de cara ao novo plan integral de reforma do mercado

Alberto Lema indica que a posta en marcha do futuro proxecto conleva, de xeito automático, “a suspensión do que está en curso”

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, coñeceu hoxe as resolucións da asemblea de praceiros e praceiras do mercado de San Agustín que tivo lugar este xoves. O edil comprometeuse coa representante das praceiras de San Agustín, Ángela Barrán, a que o Concello da Coruña terá en conta as necesidades expostas polos traballadores e traballadoras do mercado á hora de deseñar un novo Plan Integral de Reforma do Mercado, que o concelleiro considera“incompatible co anterior proxecto de reforma” e que conleva, por tanto, a súa suspensión.

Lema ratificou ademais o seu compromiso de levar a cabo as reformas estruturais que necesita o mercado “á maior brevidade posible”, ademais de manter un “diálogo fluído” coas persoas representantes da praza co fin de empezar a elaborar canto antes o novo proxecto integral.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión