9 de marzo de 2022
A proba popular por excelencia do trazado coruñés abre o seu prazo de inscrición.
O próximo 24 de abril terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis soada das carreiras da cidade, e que este ano celebrará a súa décima sexta edición cun circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
As inscricións das e dos atletas faranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o día 17 de abril ás 23.59 h. A cota de inscrición será de 6 € os inscritos/as no prazo reducido ata o 10 de abril, e de 10€ para aqueles/as que realicen a inscrición no prazo ordinario ata o 17 de abril.
Como vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta XVI Carreira Popular Coruña10 poderán participar atletas, con inscrición gratuíta, desde a categoría peques ata sub-18.
A carreira, que ten un perfil practicamente chá e por asfalto na súa totalidade, terá a saída e meta na explanada do Parrote.
As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán premios en metálico, e aquelas que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28.09) como na feminina (31-40) obterán un premio de 1.000 euros. O regulamento, así como todos os servizos que ofrece Coruña10, poderán atoparse na web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.

1 de outubro de 2025

30 de setembro de 2025

25 de setembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible