Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2026

La Delio Valdez levará a súa mestura de cumbia, música popular latinoamericana e enerxía festiva ás Noites de María Pita

A formación arxentina actuará mañá dentro da programación das Festas de María Pita 2026

As Noites de María Pita continúan este luns 3 de agosto cun dos concertos internacionais máis destacados da programación das Festas de María Pita 2026. A praza de María Pita acollerá a actuación de La Delio Valdez, considerada unha das formacións de referencia da nova música popular latinoamericana e unha das bandas máis recoñecidas da escena da cumbia contemporánea. 

A agrupación arxentina chega á Coruña no marco da súa xira internacional de 2026, coa que está a percorrer diferentes cidades de Europa e América. O concerto permitirá ao público coruñés gozar dun espectáculo caracterizado pola súa potente posta en escena, o seu carácter festivo e unha proposta musical que combina cumbia, ritmos latinoamericanos e influencias contemporáneas. 

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a relevancia da cita dentro da programación festiva deste verán. "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos apostando por unha programación cultural diversa, internacional e de máxima calidade, capaz de reunir na Coruña artistas consagrados e proxectos musicais que son referencia nos seus respectivos ámbitos", sinalou.

Castro puxo tamén en valor a diversidade estilística das Festas de María Pita. "A riqueza da programación deste ano reside precisamente na súa capacidade para conectar con públicos moi diferentes. Nun mesmo cartel conviven grandes nomes da música galega, estatal e internacional, ofrecendo propostas que van desde o pop ao rock, pasando pola música tradicional, a canción de autor ou os ritmos latinoamericanos", indicou.

La Delio Valdez converteuse nos últimos anos nun dos fenómenos musicais máis destacados de Arxentina grazas á súa reinterpretación da cumbia desde unha perspectiva contemporánea, reivindicando ao mesmo tempo a tradición musical latinoamericana e o espírito colectivo da música popular. A súa proposta transcendeu fronteiras e consolidou á banda como unha das máis solicitadas nos principais festivais internacionais.

O concerto forma parte das Noites de María Pita, un dos programas centrais das festas da cidade, que ao longo de todo o mes reunirán na praza artistas de primeiro nivel nunha programación gratuíta pensada para públicos de todas as idades. Coa actuación de La Delio Valdez, o Concello da Coruña continúa reforzando a presenza de propostas internacionais no calendario cultural estival, consolidando as Festas de María Pita como unha das grandes citas culturais do verán en Galicia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión