Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2017

A Domus acolle este sábado a final do XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Tres centros de ensino de distintos lugares de Galicia en cada unha das dúas modalidades (Primaria e Secundaria) defenderán os seus traballos cunha presentación aberta ao público, previa á entrega de premios

A Domus celebrará este sábado, a partir das 11.00 horas, a final do XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, convocado polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración coa asociación Amigos da Casa das Ciencias e dirixido a fomentar o sentido crítico, a curiosidade e a constancia nos traballos de investigación, a través do rigor e a orixinalidade. A esta última fase do certame, que se desenvolve cun acto aberto a todas as persoas que queiran asistir, concorren tres equipos de estudantes de secundaria dos centros CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, IES Laxeiro de Lalín e Obradoiro, da Coruña, que defenderán os seus traballos na modalidade de Investigación Científica en Educación Secundaria Obrigatoria e, do mesmo xeito, tres profesoras de Educación Primaria do CEIP Vicente Otero Valcárcel de  Carral,  Castro Baxoi de Miño e o colexio Valle Inclán de Ferrol,  finalistas polos proxectos de investigación desenvolvidos co alumnado na aula. Tras a exposición dos traballos por parte do alumnado e das docentes, o Xurado retirarase a deliberar e emitirá o seu ditame, o que se dará a coñecer arredor das 14.00 horas desa xornada, hora na que está prevista a entrega dos premios.

Os traballos que optan a facerse co galardón na categoría de Investigación Científica en Educación Secundaria indagan na existencia de armiño e donicela no Courel (CPI Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel), a influencia da alimentación das galiñas na tortilla (IES Laxeiro de Lalín) e a eficacia dos ácidos contra o Anisakis (Colexio Obradoiro da Coruña). En canto á modalidade de Investigación Científica en Educación Primaria, os traballos realizados na aula foron dirixidos, no caso do centro Vicente Otero Valcárcel de  Carral, a estudar a efectividade de colocar unha bolsa chea de auga na ventá dunha casa para impedir a entrada de moscas, mentres que o alumnado do  CPI Castro Baxoi de Miño analizou a resposta de comportamento dos caracois ante obstáculos de tamaño e forma diferentes; o colexio Valle-Inclán de Ferrol, pola súa banda, presenta un traballo titulado 'Somos lunáticos... Mito ou ciencia?'.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión