27 de novembro de 2015
A xornada é de entrada libre e contará coa participación de profesionais do mundo da investigación e da custodia do territorio
A problemática medio ambiental terá protagonismo esta fin de semana nos Museos Científicos Coruñeses. A Domus acollerá unha xornada divulgativa titulada ‘Especies exóticas invasoras e participación social’, organizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente. A actividade abordará unha cuestión que incide directamente na biodiversidade local, como é a proliferación de especies invasoras no municipio ou a solta de animais exóticos nos estanques, coa finalidade sensibilizar á poboación sobre un problema que afecta ao seu patrimonio natural. O encontro deste sábado será un espazo aberto ao público e para profesionais do mundo da investigación, divulgación, voluntariado e da custodia do territorio de Galicia, Portugal e Cantabria.
As mesas e parladoiros desenvolveranse arredor de temáticas como a investigación e xestión das bioinvasións, ou a percepción social das plantas invasoras en Galicia. A asistencia á xornada é gratuíta. Aquelas persoas que teñan interese en participar, deberán enviar a ficha de inscrición --pódese descargar na web municipal, no enlace http://coruna.es/IZQ7-- a silvia@adega.gal, ou chamar ao teléfono 981570099.

17 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

11 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible