Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de novembro de 2016

A Domus celebrará este sábado unha xornada de portas abertas co gallo da Feira OSHWDem

O museo científico acollerá ao longo de todo o día multitude de actividades dirixidas a todos os públicos

A Domus acollerá o próximo sábado, 5 de novembro, a celebración da quinta edición da Feira OSHWDem (Open Source HardWare Demonstration), un evento aberto e participativo arredor da tecnoloxía libre. O encontro está organizado pola asociación Bricolabs, entidade que desenvolve as súas actividades na coñecida Sala Maker da Domus --que hoxe celebra o primeiro aniversario da súa inauguración-- , coa colaboración do propio museo científico. Co obxectivo de achegar a cultura científica e a tecnoloxía aberta á cidadanía, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, dirixida por José Manuel Sande, facilitará o acceso da veciñanza á Domus ofrecendo a entrada gratuíta durante todo o día.

A xornada comezará ás 10.00 horas, coa apertura do museo, e na súa programación inclúe  multitude de actividades dirixidas a todos os públicos, desde a exhibición de máis de 40 proxectos vencellados á electrónica libre, ata pequenas charlas, concursos, competicións de robótica e obradoiros. Para máis información, pode visitarse a páxina web da feira http://oshwdem.org/ así como o espazo dos Museos Científicos Coruñeses na rede

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión