11 de decembro de 2015
A sesión forma parte do ciclo Spoiler Científico, que analiza a ciencia que hai detrás de distintas longametraxes, e terá lugar o sábado ás 19.30 horas
A entrada da Domus expón desde esta mañá un DeLorean DMC-12, a máquina do tempo que utilizaban os protagonistas da saga Regreso ao Futuro, para viaxar no tempo, un modelo, coincidindo coa nova sesión do ciclo Spoiler Científico, que este sábado dedica a sesión a analizar a ciencia que hai detrás de ‘Regreso ao Futuro II’. Nesta nova entrega do ciclo de divulgación científica, Borja Tosar e Xavier Fonseca falarán dalgúns dos “inventos” que aparecen na película, como os aeropatines, os reactores de fusión nuclear ou os vehículos voadores, e abordarán as viaxes no tempo.
A conferencia, que terá lugar este sábado, día 12, ás 19.30 horas, na Domus ten entrada libre ata completar o aforo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible