29 de xaneiro de 2020
O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presidiu esta tarde en María Pita a constitución da Mesa formada por un total de 24 entidades
O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presidiu esta tarde en María Pita a constitución oficial da Mesa Pola Mobilidade Sostible, que pretende ser un foro estable de traballo para analizar as propostas que nesta materia presenten os distintos axentes vinculados á mobilidade, tal e como se fai nas principais cidades europeas.
A declaración da Coruña como "Cidade 30" será unha das primeirias medidas que impulsará a Mesa. A limitación xeral de velocidade na circulación será de 30 quilómetros por hora e nas vías con plataformas únicas reducirase a 20 e incluso a 10 qilómetros por hora. A medida, explicaron, terá validez en todo o conxunto urbano agás nas vías que teñan dobre carril. Deste xeito, se reducirán os accidentes. Ademáis, xunto con outras medidas, servirá para que os peóns e as peoas gañen protagonismo e poderanse mellorar os espazos urbanos. Neste sentido, A Coruña tamén se incorporará á Rede de Cidades que Camiñan.
Tamén se deu o visto e prace á adhesión á Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible aprobada pola Corporación no pasado pleno do 3 de outubro. O obxectivo fundamental da Declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sostible coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte por unha maior cohesión social.
Doutra banda, o titular de Urbanismo e Mobilidade presentou á Mesa un borrador dunha instrución para regular de xeito provisional a circulación dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), que na cidade non poderán circular polas beirarrúas. Villoslada confía en que poida aprobarse rápido, porque a intención da súa concellería é a de sacar adiante unha nova ordenanza de mobilidade na cidade.
A Mesa debateu sobre algunhas melloras no transporte público, entre elas, a futura instalación de plataformas que estarían reservadas para os buses, bicicletas e vehículos de mobilidade persoal. E puxose sobre a mesa a necesidade de revisar algunha das líñas de autobuses co fin de mellorar a conectividade entre os barrios.
A transformación dos espazos publicos para humanizalos e darlle prioridade ás e aos peóns tamén estivo no orde do día. O edil de Urbanismo explicou aos e ás representantes das entidades que o Goberno ten previsto unir o parque de San Diego co Agra do Orzán a través dunha rolda peonil. Ademais, dixo, levaránse a cabo proxectos de urbanización e peonalización nalgunhas rúas da cidade como as que están a desenvolver en Puga e Parga e proximamente en Mariscal Pardo de Cela.
A mesa está integrada por representantes de:
- Dirección Xeral de Moilidade da Xunta
- Deputación da Coruña
- Demarcación de Estradas do Estado en Galicia
- Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña
- Autoridade Portuaria
- Universidade da Coruña
- Colexio de Enxeñeros de Camiños, Canais e Portos
- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- Cámara Oficial de Comercio
- Confederación de Empresarios
- Federación das Asociacións de Veciños
- Mesa Local do Comercio
- Compañía de Tranvías
- Representación do sector do taxi da Coruña
- Stop Accidentes Galicia
- Grupo de Accesibilidade Coruña
-Representación dos colectivos de ciclistas
-Os tres sindicatos maioritarios: UGT, CC.OO. e CIG
-A Confederación Nacional de Autoescolas (CNAE)
-O Colexio de Enxeñeiros Industriais
-Colexio de Enxeñeiros de Obras Públicas
-A federación de ANPAS
-O polígono industrial da Grela
-O polígono industrial de PO.CO.MA.CO.
Tamén forman parte da mesa con voz e voto unha persoa representante de cada grupo municipal do concello, a directora da área de Mobilidade, Elvira Quintairos; o director de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán; e a directora da área de Medio Ambiente, Angelika Lorenzen.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible