Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xuño de 2016

A OMIC ofrece 160 prazas gratuítas para o seu programa educativo infantil 'Escola de Verán' sobre consumo consciente, colaborativo e responsable

As preinscripcións para esta actividade, aberta a nenos de entre 4 e 10 anos, poderán facerse desde mañá luns ata o día 23

A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) abrirá mañá luns, día 13, o prazo para a preinscrición na súa 'Escola de Verán', un programa educativa dirixido a nenos e nenas do concello de entre 4 e 10 anos, que procura formación sobre hábitos de consumo, promovendo unha cultura máis consciente, colaborativa e responsable a través de xogos e actividades. En total, a oferta abrangue 160 prazas gratuítas para participar na actividade que se desdenvolve entre o día 1 de xullo ata o 29 de agosto, en horario de 09.30 a 13.30 horas, en catro quendas, con dous grupos de 20 participantes por quenda. Ao longo do programa, as e os participantes poderán achegarse a aspectos do consumo como a alimentación saudable, a comunicación e o xogo, a publicidade, o etiquetado, o xornalismo ou a sostibilidade, e arredor dos mercados da cidade.

A preinscrición poderá realizarse desde mañá luns e ata o día 23 e poderá facerse de xeito presencial, nas instalacións da OMIC (Costa da Palloza, 8) durante o horario de atención ao público, ou ben de xeito telemático, a través da web www.coruna.es/omic, entre as 08.00 horas do día 13 e as 13.30 horas do día 23 (quedando desbotadas aquelas cuxo envío sexa anterior ou posterior a estas horas). O sorteo de prazas terá lugar ese mesmo día 23 ás 14.00 horas na propia Oficina, onde se extraerán catro letras para cada quenda, de xeito que as prazas adxudicaranse de feito alfabético, desde o primeiro apelido da letra do sorteo, dando a volta ao alfabeto (da letra Z pásase á A), se fose necesario, ata completar as prazas de cada grupo dentro de cada quenda. O 27 de xuño  farase pública a lista dos admitidos en cada quenda, tanto na web municipal como na OMIC. Se a persoa solicitante non está na lista de admitidos, quedará na lista de espera.  Se quedaran prazas vacantes,  despois da inscripción de persoas admitidas chamarase ás reservas pola orde correspondente.

Para poder acceder á Escola de Verán da OMIC, as nenas e nenos solicitantes debén estar empadroados no concello da Coruña e ter entre 4 e 10 anos. Só se admitirá unha solicitude por quenda, e só poderán acceder a outra quenda se quedarán prazas vacantes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión