Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xuño de 2016

A plataforma dixital A Porta Aberta rexistra máis de 250 iniciativas da cidadanía para os Orzamentos Participativos

O xoves 23 de xuño será o último día para realizar propostas de investimento para os barrios ou a cidade

A Concellería de Participación Cidadá e Innovación Democrática vén de anunciar que a plataforma dixital A Porta Aberta, que dá soporte ao proceso de Orzamentos Participativos, recibiu desde a súa posta en marcha ata as 11.00 horas desta mañá 251 propostas de investimento, tanto para barrios como para a cidade, realizadas por veciñas e veciños da Coruña. Das achegas recibidas na web www.aportaaberta.coruna.es, 178 pasarán á fase de apoios e 59 quedarán fóra do proceso ao non ser consideradas investimento ou escapar das competencias municipais, mentres 14 están sendo estudiadas por técnicas e técnicos municipais para estudar a viabilidade da proposta. Para ser suceptibles de quedar recollidas nos Orzamentos Participativos, as achegas deben cumprir unha serie de requisitos, que pasan por referirse a iniciativas que sexan competencia do Concello e quedar encadradas no capítulo de investimentos, dentro do Orzamento Xeral, de xeito non serán consideradas as relacionadas con equipamentos competencia doutras administracións, servizos que estean considerados como gasto corrente e tamén as subvencións.

A plataforma tamén recolleu, nestes dez días, o traslado dos debates e reflexións veciñais, que pasaron dos encontros informativos á propia web. Desde a posta en marcha de A Porta Aberta na mañá do luns 7, ás 12.00 horas, ata as 11.00 horas de hoxe, venres 17, rexistránronse no portal 359 persoas e 305 comentarios ás suxestións de investimento. Aínda que a web permite consultar as propostas sen necesidade de rexistro, para facer achegas ou comentalas, é necesario ter unha conta verificada. Neste sentido, o único que se require é estar empadroado ou empadroada na Coruña e ter máis de 16 anos. As persoas interesadas deberán rexistrarse como usuarias na web do proceso  (www.aportaaberta.coruna.es) e facilitar os seu nome, DNI e Código Postal, e deberán dispoñer dun correo electrónico, onde se verificará a súa conta.

O prazo límite para suxerir investimentos será ata o día 23 de xuño través da plataforma dixital ou, se así o prefiren as veciñas e veciños, nalgún centro das Bibliotecas Municipais da Coruña así como no Centro Municial de Información Xuvenil (CMIX), que se sitúa no Fórum Metropolitano, xa que contan con persoal especializado para resolver as dúbidas que poidan xurdir arredor do proceso ou do funcionamento da web e acompañar a aquelas persoas que carecen de autonomía dixital.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión