7 de novembro de 2022
Durante esa semana realízanse diversas actividades en toda Europa. Previamente e en colaboración con Igaciencia, o SME leva a cabo o XII Taller de robótica A maxia da robótica do 7 ao 11 de novembro
Como cada ano, o Grupo de Robótica Educativa de HispaRob organiza unha xornada con motivo da Semana Europea da Robótica (ERW2022), que constitúe un marco único de encontro entre industria do sector, docentes de todos os niveis do sistema educativo español, estudantes, equipos directivos, responsables políticos, medios de comunicación e profesionais do ámbito temático da Robótica Educativa.
Desde o Servizo Municipal de Educación tamén apoiamos este tipo de actividades. En concreto, facémolo a través da organización do XII Taller e concurso galego de robótica: A maxia da robótica. Precisamente ao longo da semana do 7 ao 11 de novembro ten lugar o taller, cuxo obxectivo é adquirir formación precisa para participar no concurso. Máis información sobre este programa en: XIII Taller e concurso galego de robótica. A maxia da robótica 2022-23
13 de maio de 2024
10 de maio de 2024
7 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible