Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2015

A tempada de praias péchase cun 23% menos de incidencias que o verán anterior

Os servizos de prevención realizaron 33 rescates entre xuño e setembro, debidos na súa maior parte polas correntes do Matadero e polos descoidos dos e das bañistas

A tempada de praias pechouse o pasado domingo cun importante descenso das incidencias nos areais da cidade, que rexistraron un total de 819 intervencións, o que representa un 23% menos que o ano anterior (cando se contabilizaron 1065) e un 38% por debaixo do 2014 (con 1322). Os equipos de socorrismo e salvamento -un dispositivo formado por 56 profesionais que traballaron desde o 15 de xuño ata o 20 de setembro (catro días máis das datas establecidas nun inicio)- constataron que a maior redución produciuse no Orzán (181 fronte a 210 o ano procedente), As Lapas (59 fronte a 80) e San Amaro (144 fronte a 172); pola contra, a de Riazor foi a praia na que se rexistraron máis accidentes (222), dos que o 40% tiveron lugar fóra do areal, principalmente no Paseo, e tamén os máis graves. Alí foi onde, no mes de xullo, tivo lugar o falecemento por parada cardiorrespiratoria dun bañista, que xa sufrira un episodio do mesmo tipo once meses antes. Ao longo da tempada realizáronse outras tres actuacións por parada cardiorrespiratoria con resultado positivo, dúas en Riazor e unha terceira no Paseo Marítimo.

Entre as incidencias máis comúns, rexistrouse un número salientable de cortes (213) e abrasións non solares (207), ás que seguen en número as picadas de escarapote (49) e de insectos (43) ou con obxectos punzantes (47). Os equipos de prevención chaman tamén a atención sobre o aumento de rescates marítimos que se rexistrou neste verán, ata 33, fronte os 29 que se realizaron no ano precedente, e que se relacionan principalmente coas correntes que se producen na praia do Matadero e, tamén, coa falta de precaución dalgunhas persoas na auga, que non seguen os consellos dos equipos de socorrismo. Ademais, durante os tres meses de verán realizáronse un total de 18 traslados a centros hospitalarios por incidencias nos areais, dos que 9 tiveron lugar en Riazor, 4 no Orzán, 3 na praia de Oza e 2 en San Amaro.

O balance da tempada de praias péchase con outras actuacións, como o remolque dunha cabra, unha neveira e dous golfiños, ademais da colaboración dos servizos de prevención nas diferentes actividades que se desenvolveron durante o verán, como a procesión do Club del Mar de San Amaro, o campionato galego de Salvamento Deportivo, a travesía a Nado de San Amaro, o Teresa Herrera de Traíñas ou o Hércules XTRM, ademais da súa participación no dispositivo de San Xoán.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión