Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de agosto de 2017

A urbanización do Ofimático avanza estas semanas coas obras nos accesos ao barrio desde Eirís

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, salienta que os traballos “progresan, coa incorporación de máis maquinaria e persoal” e se realizarán no menor tempo posible

Os traballos de urbanización que desenvolve o Concello no polígono do Parque Ofimático avanzan esta semana coas obras que se están a realizar na zona dos accesos desde Eirís, necesarias para a implantación das instalacións previas á pavimentación e firmes neste ámbito. Como indica o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, "a actuación progresa e foi acelerando o ritmo nas últimas semanas, conforme se vai incorporando maquinaria aos labores de urbanización". En concreto, neste momento traballan na zona catro máquinas retroescavadoras, tres camións volquete, un bulldozer, un rodillo compactador e dous vehículos de menor traballo, que tamén están a realizar o movemento de terras para a pavimentación, acción que, como fai notar o responsable municipal, vén precedida de varias xornadas de  tarefas de intendencia na zona.

O proxecto de urbanización da separata do proxecto modificado número 1 do sector 10 Parque Ofimático, adxudicado o pasado mes de xuño á UTE Arias Infraestructuras-Comsa Instalaciones y Sistemas Industriales SLU, está orzamentado en 2,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de seis meses. As actuacións en marcha están dirixidas a dotar o Ofimático de acceso rodado e de todos os servizos necesarios para a concesión das primeiras licenzas de primeira ocupación, como son a pavimentación de accesos, dotación de iluminación, abastecemento, rede eléctrica e saneamento, e outras intervencións relativas á seguridade de bens e persoas, como a colocación de valado e proteccións en desniveis ou instalación de tapas, entre outras.

Tal e como pon de relevo o concelleiro de Rexeneración Urbana, os traballos sobre o terreo comezaron o pasado mes de xullo, despois dunha fase previa de planificación e organización das actuacións, ademais dos plans de seguridade e de obra, e na que que se levaron a cabo tamén as necesarias xestións con Gas Natural Fenosa, tendo en conta que unha parte substancial  das intervencións están relacionados coa subministración eléctrica, e se realizaron as catas preceptivas. Como subliña Varela, as obras desenvolveranse no menor tempo posible, e seguirán progresando coa incorporación de máis profesionais nas vindeiras semanas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión