10 de xuño de 2015
O pasado 31 de maio deuse o disparo de saída da quinta edición da carreira En marcha contra o Cancro, e o Club do Corredor elaborou un resumo en vídeo e unha galería de imaxes deste día para lembralo.
O domingo 31 de maio déronse cita miles de participantes de todas as idades para asistir á celebración da V carreira “En marcha contra o Cancro” con saída e chegada no Palacio de Deportes de Riazor, tras discorrer polo Paseo Marítimo, co fin de poñer de manifesto a solidariedade na loita contra esta doenza e destinar o diñeiro recadado á investigación e á realización de programas relacionados con esta enfermidade.
Convidámosvos a gozar coa reportaxe e relembrar con iso as sensacións vividas durante a carreira.
Accede a través desta ligazón ao vídeo da carreira.
Accede a través desta ligazón á galería de imaxes da carreira.

2 de decembro de 2025

30 de novembro de 2025

27 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible