Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de agosto de 2015

A visibilidade do fútbol feminino protagoniza a LXX edición do Trofeo Teresa Herrera

A concelleira de Igualdade e Diversidade fixo un chamado ás entidades para traballar polo deporte feminino desde a base.



O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, recibiron esta mañá aos equipos participantes na LXX Edición do Trofeo Teresa Herrera, que se disputará esta tarde de sábado, 8 de agosto, no estadio de Riazor. “Hoxe temos a festa do fútbol na cidade”, sinalou Sande ao referirse ao decano dos torneos de verán. “Durante moitos anos o Teresa Herrera foi o único xeito de ter fútbol de élite na cidade até a irrupción do Deportivo da Coruña en primeira división”, apuntou. O concelleiro de Deporte incidiu na aposta polo fútbol feminino do torneo, destacando o “maior interese que xera cada día”. Nesta liña, Rocío Fraga lembrou o obxectivo do Goberno local de “favorecer a visibilidade do deporte feminino” e sinalou o gran traballo de numerosas galegas que amosan o seu potencial, “como é o caso de Vero Boquete ou Vanessa Sotelo, e as coruñesas Sofía Toro, Estefanía Herández ou o CRAT”, á vez que agradeceu o esforzo de Pili Neira polo mesmo. Fraga, quen especificou que este trofeo “leva nome de muller”, felicitou as deportistas do Victoria FC e Rayo Vallecano “por chegar á final” do torneo e fixo un chamado ás entidades deportivas para “evitar a segregación por sexo no deporte base e favorecer a deportividade por riba de todo”



José Manuel Sande e Rocío Fraga estiveron acompañados no acto polo presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández. “Como coruñés é un orgullo estar na casa de todos os coruñeses representando ao Deportivo”, afirmou Fernández. Nesa liña tamén falou o presidente do Sporting Club Braga, Antonio Salvador, quen sinalou a “honra” que supón estar na cidade para participar no torneo por vez primeira e destacou as semellanzas entre A Coruña e a localidade portuguesa.

Aposta desde as entidades deportivas

Os representantes dos clubs que hoxe disputarán a final do Teresa Herrera feminino seguiron os pasos da concelleira de Igualdade a prol da visibilidade nos seus saúdos. O presidente do Victoria FC, Juan Carlos Vázquez Veras, mostrou o seu desexo que “os clubs da cidade aposten polo deporte feminino e crezan os niveis de igualdade nos mesmos”, e Daniel Clarés, o delegado do Rayo Vallecano, animou a todos os clubs a dar “maior visibilidade aos equipos femininos” e “quen careza deles, que os teña. Igual que o masculino ten cabida, esperamos que o fútbol feminino tamén teña”, apuntou Clarés.

A final do Teresa Herrera feminino será ás 17.30 horas no estadio de Riazor. A continuación, ás 20.00 horas, comezará a final masculina do torneo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión