27 de abril de 2015
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca as axudas para escolas infantís de 0 a 3 anos non sostidas con fondos públicos.
ORDE do 20 de abril do 2015 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil e procédese á súa convocatoria.
Esta orde ten por obxecto a regulación do proceso de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención de nenas e nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Está publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de abril.

19 de decembro de 2025

11 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible