15 de outubro de 2016
Un vídeo sobre unha bacteria intestinal, unha web que reivindica a ciencia como parte da cultura, un texto inédito arredor do caos e os fractais, un libro que afonda na orixe do universo e da vida, un artigo xornalístico sobre a anestesia e unha peza radiofónica que aborda a manipulación da memoria obteñen os Prismas de Bronce. O Prisma Especial do Xurado vai para a revista Astronomía
Os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación veñen de dar a coñecer o ditame da súa XXIX edición, despois de que o xurado se reunise esta fin de semana para deliberar e emitir o seu fallo, nas categorías de mellor traballo en vídeo, mellor sitio web, mellor libro editado, mellor texto inédito, mellor artigo xornalístico e mellor traballo de radio, ademais do Prisma especial do xurado. Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar o vindeiro 12 de novembro no pazo de María Pita. Así, un vídeo que descobre a vida dunha bacteria intestinal, unha web que reivindica a ciencia como parte da cultura, un texto inédito que describe como o caos e os fractais axudan a desentrañar a complexidade, un libro que aborda en profundidade a orixe do universo, da vida e da especie humana, un artigo xornalístico que aborda o funcionamento real dunha anestesia e unha peza radiofónica sobre a posibilidade de manipular a memoria son os traballos que recibirán os Prismas de Bronce nesta convocatoria dos galardóns, que impulsan os Museos Científicos coruñeses para potenciar a difusión da cultura e a educación científica e apoiar ás e aos profesionais neste campo. Neste 2016, o Prisma Especial do Xurado vai para a revista Astronomía, unha publicación da que o xurado destaca a traxectoria, así como a súa "adaptación aos novos contextos comunicativos, sabendo manter o interese do público durante as últimas tres décadas". Ademais, nesta edición outórgase unha mención honorífica ao programa 'Radio o lo que sea, entrevista a Alessandro Griffini', de Radio Roncalli.
O xurado desta vixésimo novena edición dos Prismas estivo presidido por Juan Ignacio Pérez, director da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU (Bilbao). A súa composición complétase con nomes como o da xornalista Nieves Gordón, responsable do Departamento de Comunicación e Márketing do Planetario de Pamplona; José Miguel Mulet Salort, profesor de biotecnoloxía da Universidade Politécnica de Valencia -e autor dun libro gañador dun Prisma Casa das Ciencias-; a xornalista Elena Lázaro Real, coordinadora técnica da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Córdoba; Luis Martínez Otero, neurocientífico especializado en percepción e investigador do CSIC no Instituto de Neurociencias de Alicante, e Clara Grima, profesora da área de Matemática Aplicada da Universidad de Sevilla, e gañadora dun Prisma Casa das Ciencias, ademais do xefe de servizo dos Museos Científicos coruñeses, Ángel Loureiro Pereiro, que actuou como Secretario.
Este é o cadro de honra de 2016:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible