23 de outubro de 2016
As prazas de abastos das Conchiñas, Elviña, Lugo, Monte Alto e San Agustín contarán cun posto do servizo dependente da Concellería de Culturas, no que se informará das súas actividades
Mañá, luns 24, celébrase o Día Internacional das Bibliotecas. Co gallo desta efemérede, a Rede Municipal de Bibliotecas organiza dúas xornadas especiais nomeadas As bibliotecas nos mercados, nas levará a actividade cultural fóra dos seus propios recintos. Así, nas mañás dos días 24 e 25 de outubro, en horario de 09.00 a 14.00 horas, a cidadanía que visite os mercados municicipais das Conchiñas, Elviña, Monte Alto, Praza de Lugo e San Agustín, poderá coñecer de primeira man este organismo dependente da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande. As BMC ocuparán un dos postos, actualmente baleiros, dos que dispón cada unha destas prazas de abastos, coa finalidade de ofrecer información dos seus diversos obradoiros, charlas, clubs de lectura e outros servizos a todas aquelas persoas que se acheguen ata os mesmos.
Para obter máis información sobre as actividades das BMC, que este ano celebran o seu 25 aniversario, pode consultarse a páxina web das bibliotecas municipais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible