Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de marzo de 2022

As fotos da Carreira da Torre e a Andaina solidaria, a un clic

Estiveches na carreira popular da Torre ou a Andaina solidaria ou tiveches a familiares ou amigos e amigas competindo? Pois agora podes revisar a galería fotográfica para lembrar a segunda proba do Circuíto Coruña Corre 2022

Se o sábado 26 de marzo fuches unha das 1.891 persoas que participaron na X Carreira popular Torre de Hércules 'Trofeo José Antonio Varela Calviño' e a II Andaina Solidaria #IMPORTAEMOITO ou se a túa familia, amigos e amigas competiron na contorna do milenario faro herculino, chegou o momento de revisar a galería de imaxes dunha tarde-noite inesquecible.

Álvaro Marín e Zelinda Spencer impuxéronse na proba absoluta, pero todas e todos os atletas que compiten en Coruña Corre son gañadores/as. A xente dos barrios corre na Coruña este 2022.

Lembra, ademais, que o Circuíto continúa e que o 8 de maio será a seguinte carreira, en San Pedro de Visma.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión