Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de marzo de 2017

Os centros cívicos abrirán durante a Semana Santa un Recuncho do Xogo con actividades para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos

A Concellería de Xustiza Social e Coidados oferta 400 prazas para estas actividades, que se desenvolverán os días non festivos desa semana, e para as que é preciso realizar preinscrición, entre os días 24 e 27 deste mes

A  Concellería de Xustiza Social e Coidados organiza, durante os días 10, 11 e 12 de abril, coincidindo cos días laborais da Semana Santa, o Recuncho do Xogo, unha serie de actividades de ocio e tempo libre que se repartirán polos centros cívicos da cidade, dirixidas a  nenas e nenos entre os 4 e os 12 anos. O obxectivo da proposta, tal e como indica a concelleira desta área, Silvia Cameán, pasa por favorecer as relacións grupais e fomenten o desenvolvemento das nenas e nenos participantes durante estas xornadas non lectivas. O Concello oferta para estas actividades, que inclúen accións lúdicas, artísticas, e de animación á lectura, entre outras, un total de 400 prazas, entre as que se contan 10 prazas para menores con necesidades educativas especiais (NEE), en grao que lles permita realizar actividades en grupo. Ademais, a concellería resérvase ata o 20% do total das prazas para persoas beneficiarias de programas sociais.

Os persoas interesadas poderán optar por dúas franxas horarias: un horario xeral -cun prezo de 7 euros por participante- que se ofertará en todos os centros cívicos nos que se leve a cabo esta actividade entre as 10.00 e as 13.30 horas, e un horario ampliado -a un prezo de 11 euros-, que se ofertará nunha selección de centros, como son os do Castrillón, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Os Mallos e Os Rosales, e que se estenderá desde as 09.00 ata as 14.30 horas .

As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición os días 24, 25 e 27 deste mes, en horario de 11.00 a 13.00 horas, pola mañá, ou de 17.00 a 20.00 horas, pola tarde. Para facelo, deberán cubrir o folleto de solicitude, que poderán recoller en calquera dos centros cívicos nos que se oferte a actividade, ou ben descargar o documento coa solicitude da páxina web: www.serviciossociales.coruna.es. En ambos os dous casos, o folleto estará dispoñible a partir do vindeiro día 15.  

O sorteo de prazos terá lugar o día 27 de marzo ás 20.15 horas en cada centro cívico, e a exposición pública de listados provisionais de persoas admitidas estará dispoñible desde o 3 de abril, de xeito que a inscrición se formalizará os días 4,5 e 6 no mesmo centro cívico e no mesmo horario onde se realizou a preinscrición. Tal e como advirten desde a concellería, aquelas persoas que non formalicen a inscrición nas datas e horarios sinalados perderán a praza.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión