Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2016

Os Museos Científicos inician este xoves o Mes Escéptico, un ciclo de conferencias de divulgación de balde e aberto á cidadanía

O xornalista José Cervera será o ponente da primeira das catro charlas, que terán lugar na Domus ás 19.30 horas desde esta semana e ata o 22 de decembro

A Domus abre este xoves o seu Mes Escéptico, un ciclo de conferencias de divulgación científica de carácter gratuíto dirixido a fomentar o espírito crítico, que se desenvolverá en xoves non consecutivos desde esta semana ata o 22 de decembro. A charla inicial, A necesidade de crer, terá lugar ás 19.30 horas e estará impartida polo xornalista e divulgador multimedia José Cervera, que abordará cuestións relativas á curiosidade, e sobre como a necesidade de respostas leva a búsqueda do coñecemento científico, e, polo mesmo mecanismo, da fe, ao impulsar ás persoas a crer sen probas. A entrada a esta actividade, como a de todas as que compoñen o ciclo, será libre ata completarse o espazo.

O ciclo Mes Escéptico continuará en decembro con tres novas citas. O día 1 está prevista a participación da catedrática de Psicoloxía Experimental na Universidad de Deusto Helena Matute, que participará coa ponencia Nesgos cognitivos e adquisición de crenzas. O 15 de decembro terá lugar a charla Que a realidade non te arruine un bo titular, a cargo de Deborah García Bello, química e divulgadora científica, e Pablo Linde, xornalista especializado en ciencia. Por último, o 22 de decembro, está previsto o monólogo Todos somos Rappel, a cargo de Juanjo de la Iglesia, xornalista e presentador de televisión.

 

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión