Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2022

Los Satélites e Sito Sedes animarán as festas de Matogrande

A cita, o 29 de outubro, dá continuidade ás celebracións nos barrios promovidas desde o Concello da Coruña

O Concello segue adiante coa programación de festas nos barrios da cidade. A próxima cita será o día 29 deste mesmo mes en Matogrande. A festa en Matogrande contará con animación musical, cun concerto, ás oito da tarde, de Los Satélites e Sito Sedes.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey segue adiante co seu programa de descentralización das festas, tras a celebración de citas musicais na meirande parte dos barrios da Coruña. 

O Concello colabora coa Asociación de Veciños de Matogrande, que durante ese mesmo día promove tamén a celebración de sorteos solidarios, coa participación de distintos comercios da zona e destinando os ingresos a entidades sociais como a Liga Reumatolóxica Galega, Alcer, Poten100emos e Infancia Solidaria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión