14 de abril de 2015
Os corredores que este domingo día 19 tomarán as rúas no Maratón Atlántica e os seus 10k lucirán as elásticas desta cuarta edición de cor vermella e cun lema que enxalza o valor dos runners e que estará dispoñible en castelán e galego: Correr é de valentes
As persoas participantes de #Coruña42 poderán lucir con orgullo as camisetas da cuarta edición do Maratón Atlántica e a súa #10k, que celebran este domingo día 19 a súa cuarta edición. Máis de 1.300 participantes nos #42k e máis de 2000 nos 10 quilómetros paralelos recibirán esta camiseta, xunto á súa bolsa de corredor, dorsal e chip.
Este ano a cor elixida foi un ton de vermello e o lema, situado na parte traseira, e que conta con modelo en castelán e en galego “Correr é de valentes”, frases que xa poden atopar os corredores nas bandeirolas e mupis presentes en toda a cidade.
Pola parte dianteira, os runners poderán lucir o logotipo de Coruña42, a data da cuarta edición (19.04.2015), o xa soado lema de “ Aquí corremos así” en alusión a que na cidade herculina nin o tempo nin a choiva nin o vento impiden aos corredores saír a trotar. No frontal da camiseta tamén atoparemos os logotipos dos patrocinadores da cita: o Concello da Coruña, a Deputación, Caixa Bank, El Corte Inglés, Coca Cola e Repsol.
Lembramos que os participantes poderán recoller a súa bolsa de corredor na Exporunning de Palexco o venres de 17 a 22 horas e o sábado de 10 a 22 horas en horario ininterrompido. Porque queremos que os nosos heroes anónimos mostren orgullosos que… Correr é de valentes!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible