Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2026

Luz verde ás melloras de accesibilidade previstas no Castro de Elviña, que reforzan as accións do Concello no xacemento

Ademais, o Executivo local acometerá tarefas de impermeabilización na base do muro de peche do Paraíso Mariño, unha das piscinas exteriores do Aquarium Finisterrae

A Xunta de Goberno Local deu luz verde hoxe a novos investimentos no Aquarium Finisterrae e no xacemento arqueolóxico do Castro de Elviña.

No caso do acuario, o Concello efectuará unha intervención de impermeabilización na base do muro de peche do Paraíso Mariño, unha das piscinas exteriores do museo. A previsión é que se destinen uns 108.000 euros á intervención, que contará cun prazo de execución de catro meses desde a adxudicación dos traballos.

As actuacións sobre o patrimonio cultural municipal non rematarán aí, senón que tamén se estenderán ao Castro de Elviña, onde o Executivo local prevé iniciar nos vindeiros meses as tarefas de acondicionamento necesarias para mellorar a accesibilidade e as condicións de visita a un dos principais emblemas da rede de Museos Históricos da Coruña.

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey reforza o seu plan de traballo para pór en valor do Castro de Elviña e a súa contorna, para o que este mesmo ano se aprobaron outras dúas actuacións de mellora: por un lado, a execución do centro de apoio ás actividades arqueolóxicas e didácticas; e, por outro, a creación do novo valado perimetral que rodea o xacemento, clave para reforzar a súa protección e coidado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión