Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2026

Máis de 2.000 persoas participaron no Día da Bicicleta, organizado polo Concello e Agaxorde

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa reivindicou na cita “a mobilidade sostible e alternativa e os hábitos saudables”

 A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou hoxe no Día da Bici, organizado polo Concello e a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde). O evento consistiu nunha marcha de carácter familiar, sostible e solidario. O percorrido saíu esta mañá desde María Pita, e tivo un gran seguimento, con máis de 2.000 participantes. 

A actividade colectiva ao aire libre pasou polo paseo marítimo, chegou ata a rotonda das Escravas e retornou a María Pita, aproveitando as vías ciclables habilitadas ao longo da cidade nos últimos anos, que actualmente superan os 50 quilómetros de infraestrutura.

"Con actividades como esta, animamos á xente de todas as idades a saír á rúa, desfrutando do bo tempo, exercitándose, participando dun modelo de mobilidade sostible e alternativo e desenvolvendo hábitos saudables. A Coruña é unha cidade que se pedalea, como demostran, por exemplo,  os datos de uso da rede BiciCoruña, que o pasado mes de maio xa superou a barreira dos 10.000 traxectos nun só día, e que cada vez é máis imprescindible para miles de coruñeses e coruñesas. A bicicleta é o presente e o futuro desta cidade", indicou Canosa, quen lembrou que o Goberno de Inés Rey ten deseñado tamén un amplo abano de actividades deportivas para os meses de verán para todas as idades. 

Nereida Canosa tamén estivo na recepción, frente ao Concello, das integrantes de Atlántigas, o primeiro club de Galicia creado e dirixido por mulleres. As ciclistas chegaron á Coruña tras tres etapas que deron comezo en Villafranca del Bierzo. 

O Día da Bicicleta estivo marcado tamén pola súa vocación solidaria. As inscricións na marcha foron gratuítas, pero as persoas participantes puideron apoiar a actividade da Institución Benéfico Social Padre Rubinos achegando alimentos non perecedoiros. En total, foron recollidos máis de 150 kilos de comida. 

Ademais, a programación polo Día da Bicicleta incluíu tamén unha ampla programación de actividades para todos os públicos na praza de María Pita, con clases de zumba, deportes alternativos e inclusivos e xogos tradicionais, ademais de sorteos e agasallos.

Outra das novidades que incorporou a presente edición foi a celebración dun percorrido guiado limitado a 25 participantes que se celebrou o sábado 27 e no que o guía turístico Suso Martínez liderou un roteiro polo circuíto, explicando retrincos de historia dalgúns puntos significativos do traxecto.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión