26 de marzo de 2025
Ambos os barrios xa quentan motores de cara á segunda cita do calendario do circuíto Coruña Corre, que terá lugar o domingo 6 de abril. O percorrido arrincará na contorna do parque infantil de Xuxán
Só queda semana e media para a realización da segunda cita do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que o domingo 6 de abril chegará aos barrios de Matogrande e Xuxán con máis de 2.000 persoas xa inscritas de cara á xornada.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, lembrou que o prazo para inscribirse na carreira remata este domingo 30 ás 23.59 horas, e animou a cidadanía a sumarse a esta cita, "que chega á súa novena edición e que dá continuidade á aposta do Goberno de Inés Rey por potenciar a presencia dos barrios na programación deportiva anual da cidade".
Como xa é habitual, a carreira popular de Matogrande-Xuxán está aberta á participación de persoas de todas as idades, con categorías que van desde a absoluta -cun percorrido ideado para persoas adultas- ata as inferiores, con probas específicas para sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e tamén para nenas e nenos, na categoría de peques.
Neste sentido, as persoas que formalizaron a súa inscrición na totalidade do circuíto -e non unicamente nesta carreira- deberán confirmar a súa participación nesta segunda proba da tempada, un trámite moi sinxelo concibido para lle facilitar á organización os servizos necesarios de cara á carreira. A dita confirmación xa se pode efectuar na páxina web de Coruña Corre.
O percorrido, con saída e meta na contorna do gran parque infantil de Xuxán
Manuel Vázquez avanzou hoxe que, por mor das obras de mellora que está a executar o Concello na rúa Sebastián Martínez Risco, en Matogrande, o percorrido habitual da proba variará lixeiramente con respecto ás edicións doutros anos, onde os arcos de saída e meta se situaban, precisamente, diante do colexio Liceo La Paz.
A este respecto, e por razóns de seguridade para coas persoas participantes na carreira, o percorrido arrincará na contorna do gran parque infantil de Xuxán, punto de partida e tamén a meta tanto para a proba absoluta como as de categorías inferiores e peques.
O mapa dixital para consultar o trazado marcado para cada categoría xa está habilitado na páxina web de Coruña Corre.

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible