Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de agosto de 2023

Máis de 440 persoas participarán este domingo na tradicional Travesía a nado na enseada de San Amaro

A competición, que conta coa colaboración do Concello na organización, transcorrerá nun circuíto de 1.200 metros

Este domingo, 27 de agosto, celébrase a LXXXII Travesía a nado á enseada de San Amaro. A proba está organizada polo Club del Mar de San Amaro e conta coa colaboración do Concello da Coruña. Trátase de todo un clásico deportivo na cidade, que este ano reunirá a 447 deportistas de todas as idades.

A proba, que comezará ás 12.00 horas, transcorrerá nun circuíto de aproximadamente 1.200 metros con saída e chegada desde a praia de San Amaro. A travesía mantén o seu formato orixinal, cun percorrido en triángulo único para todos os participantes. Haberá un total de 12 categorías, para participantes nados antes do 1967 e despois do 2011.

A competición estará rexida polas normas da Real Federación Española de Natación. Contarase cunha cobertura marítima necesaria para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da proba. Os tres mellores clasificados masculinos e femininos de cada categoría recibirán un trofeo e os tres mellores tempos masculinos e femininos recibirán un premio económico.

A Travesía a nado de San Amaro, como é tradición, celébrase a última semana de agosto e conta cun número importante de participantes cada ano. O Goberno de Inés Rey apoia esta iniciativa, poñendo ao deporte e a vida saudable como un dos eixos do progreso da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión