Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2021

María Pita homenaxea o Supercampión de España

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta tarde no pazo municipal o Deportivo Liceo, tras gañar onte a Supercopa, e destacou que “sodes un dos mellores embaixadores da cidade en España e en Europa”

O pazo de María Pita acolleu esta tarde a recepción oficial ao Deportivo Liceo que onte gañou a súa terceira Supercopa de España fronte ao Barcelona.

A rexedora destacou "o traballo en equipo" que a equipa vén "amosando desde hai moito tempo e que é un gran exemplo para todos nós", ademais de ser "un dos mellores embaixadores da cidade en España e en Europa". A Coruña é sinónimo de deporte, apuntou Rey, quen sinalou que desde o Concello seguirase apostando "non só por vós e polo hóckey senón por todos os deportes desta cidade investindo na mellora das instalacións e nos convenios coas entidades deportivas da cidade co fin de potenciar un dos nosos grandes recursos que é o deporte".

Na recepción tamén participaron a concelleira de Deportes, Mónica Martínez; e as e os voceiros dos grupos municipais. Antes da rexedora, tomaron a palabra o capitán do Deportivo Liceo, David Torres, e o seu presidente, Daniel Echevarría, que agradeceron o apoio da alcaldesa e da Corporación e auguraron futuros éxitos para o Deportivo Liceo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión