Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de decembro de 2022

Máis de 1.100 persoas correrán polo CHUAC, e ti?

A carreira que pon fin á tempada de Coruña Corre 2022 pecha este domingo o seu prazo de inscrición

Se aínda non te apuntaches a correr polo CHUAC, estás a tempo de facelo. O Circuíto Coruña Corre despide 2022 con esta carreira popular entre Eirís e o Parrote que conmemora os 50 anos do Hospital coruñés.

Máis de 1.100 persoas xa se inscribiron á proba e o prazo para participar nela conclúe o domingo, 11 de decembro, ás 23.59 horas.

Lembra que apuntarse a esta carreira é gratuíto para quen se inscribiu ao circuíto Coruña Corre 2022.

A última carreira da tempada, que non puntúa para o circuíto, levarase a cabo o domingo 18 de decembro.

Ás 10.00 horas darase a saída á proba absoluta, á que se inscribiron 720 persoas. Afrontarán 5.250 metros entre o parque de Eirís, nas inmediacións do CHUAC, e o Parrote, cunha parte do percorrido en baixada.

En categorías inferiores, as carreiras estarán localizadas no centro da cidade, con saída e meta no Parrote. Para sub-18 (11.15 horas) e sub-16 (11.30 horas), a distancia será de 2.245 metros; para sub-14 (11.45 horas a feminina e 11.55 a masculina), 1.330 metros; para sub-12 (12.05 a feminina e 12.15 a masculina) e sub-10 (12.25 a feminina e 12.35 a masculina), 730 metros e para Peques (12.45), 145 metros. Nesa última franxa de idade hai 210 persoas inscritas.

Aproveita o esprinte final para participar no 'bonus track' de Coruña Corre 2022.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión