18 de xullo de 2023
A concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas participou esta tarde no acto de presentación do libro ‘Os deportados coruñeses nos campos de concentración nazis’, na Casa Museo Casares Quiroga
A concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, participou esta tarde no acto de presentación do libro 'Os deportados coruñeses nos campos de concentración nazis', unha publicación promovida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) co apoio do Concello da Coruña.
A presentación do libro, que tivo lugar na Casa Museo Casares Quiroga ás 19.30 horas de hoxe, estivo acompañada dunha mesa redonda na que se profundou, polo miúdo, no contexto, percorrido e biografías de figuras como Luis Rafales Lamarca e Julio Martínez Arias, dous dos coruñeses deportados nos anos da II Guerra Mundial. Nestes dous casos específicos, tras exiliarse en Francia e ser posteriormente deportados, foron asasinados no campo de concentración de Hartheim, no ano 1941.
Neste sentido, familiares de Rafales e Martínez estiveron hoxe na mesa redonda, na que a concelleira Nereida Canosa tamén estivo acompañada pola representante da ARMH en Galicia, Carmen García Rodeja, e o co-autor do libro, David Lozano.
Na súa intervención, Canosa puxo en valor o traballo de investigación e arquivística "que hai tras a publicación deste libro, un soporte fundamental para contribuír a lembrar a responsabilidade colectiva no referente a abordar traumas remanentes e a manter medidas que permitan unha conmemoración eficaz das persoas vítimas do Holocausto, un eido no que debemos seguir traballando".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible