Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de novembro de 2023

En total outórganse 6.500 euros, dividos entre os cinco comercios premiados segundo posto recoñecido

Nina Sardina, en Monte Alto, primeiro premio no concurso de escaparates de Samaín

Súmanselle os comercios O Recuncho Floral (Vila de Negreira), Luces de Bohemia (Os Mallos), Frutas Candela (zona Estación de Tren) e La Rueca Patchwork (Ensanche)

O Concello da Coruña organizou, como cada ano, o Concurso de Escaparatismo Samaín co obxectivo de incentivar e dinamizar o comercio local. As tendas de barrio inscritas decoraron os seus escaparates con motivos propios da festividade para a súa posterior valoración polo xurado, que ditaminou os comercios gañadores valorando a ambientación na festa tradicional do Samaín, orixinalidade, complexidade da montaxe e estética.

O primeiro posto foi para a tenda de moda e complementos Nina Sardina, no barrio de Monte Alto (Rúa Marconi, 4) que recibirá un total de 2.5000 euros como gañadora do concurso. A ela súmase a tenda de flores O Recuncho Floral, en Vila de Negreira con Entrepeñas, que recibirá un total de 1.500 euros polo seu escaparate. A medalla de bronce recalou nos Mallos, na tenda de regalos e complementos Luces de Bohemia (Ángel Senra, 20) que recibiu un terceiro premio de 1.000 euros. A froitaría Candela (Avenida do Ferrocarril, 13) e a tenda de telas La Rueca Patchwork (Avda. Finisterre, 15) foron as agrazadas co cuarto e quinto posto respectivamente, recibindo 750 euros cada un dos comercios. En total outórganse 6.500 euros, dividos entre os cinco comercios premiados segundo posto recoñecido.

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey busca premiar a creatividade e dos comercios á así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante os días previos á festividade de Samaín.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión