Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2023

No mes de xullo levaranse a cabo dous novos cursos de ciberseguridade impartidos pola UTE Innova Next, SLU e The Valley Dixital Business School, SL

É unha formación gratuíta do programa Actualízache que xorden co obxectivo de facilitar o acceso de persoas desempregadas a postos de traballo que impulsen a transformación dixital da nosa economía.

Son cursos prácticos, dinámicos, totalmente gratuítos e impulsados por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Ademais da formación específica sobre ciberseguridade, os cursos complétanse con 12 horas de orientación laboral por alumno/a, e conta cun compromiso de inserción laboral de 6 meses tras concluír, polo menos para o 25% de todo o alumnado que finaliza o programa.

Poderá inscribirse toda persoa residente no municipio da Coruña en idade de traballar, apuntada como demandante de emprego no Servizos Públicos de Emprego de Galicia, sen necesidade de contar con ningunha formación  académica previa. Ademais, co obxectivo de diminuír a brecha de xénero existente nas profesións TIC, polo menos un 35% das prazas están destinadas a mulleres.

Este programa está cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), co obxectivo de facilitar o acceso ao emprego a través da adquisición e/o actualización de competencias profesionais.

Esta formación supón unha oportunidade única para o alumnado, xa que ademais serán impartidos por entidades especializadas e de primeiro nivel como son Barrabés.biz e The Valley.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión