26 de outubro de 2015
Creación de monólogos, maquillaxe zombi, capoeira, rutas de senderismo ou uso de redes sociais serán algúns dos obradoiros deste trimestre
Nocturnia, o programa de ocio gratuíto para mozas e mozos de 12 a 30 anos da Concellería de Participación e Innovación Democrática, abre esta tarde o prazo de inscrición para a súa edición de outono, que se desenvolverá nas fins de semana desde o 30 de outubro até mediados de decembro. En total serán 947 prazas as dispoñibles para esta nova edición da iniciativa municipal, que ofrece 42 propostas que van desde as actividades deportivas até as formativas, pasando por culturais ou recreativas coa finalidade de favorecer unha educación para o lecer saudable e xerar hábitos que favorezan o desenvolvemento integral da xuventude.
A primeira fin de semana con actividades próximas á temática do Samaín, como a caracterización e maquillaxe de personaxes zombis, dará paso a propostas culturais como iniciación ao teatro, creación de monólogos ou improvisación. Nesta edición de outono, as mozas e mozos da Coruña poderán facer actividades deportivas como rutas nocturnas e diurnas de senderismo, defensa persoal, clases de iniciación ao skateboard, jugger ou capoeira; e na parte máis lúdica volverán os obradoiros artesanais, as xornadas de xogos de taboleiro e propostas de iniciación á microagricultura na casa. Nunha nova aposta por incluir propostas de carácter formativo no tempo de ocio da xuventude, Nocturnia realizará tres formacións sobre o uso de aplicacións móbiles e redes sociais na mocidade tocando a perspectiva das boas prácticas e da optimización e uso persoal e profesional das diferentes ferramentas.
A inscrición para as actividades de Nocturnia poderá realizarse desde hoxe, 26 de outubro, ás 17 horas, a través da páxina www.coruna.es/cmix, onde tamén poderá atoparse toda a información dos diferentes programas e espazos da área de xuventude. Ademais da web e redes sociais, a información sobre os cursos tamén estará presente na rede de centros cívicos e bibliotecas municipais, no centro Ágora, no Fórum Metropolitano, nas instalacións deportivas, institutos e espazos de carácter educativo, social e cultural.Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible