Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2021

Novas medidas de prevención fronte á covid

Con motivo da publicación no DOG da orde do 14 de decembro de 2021, achégase o resumo das medidas que afectan ás instalacións deportivas municipais.

MEDIDAS NA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA NON FEDERADA EN RECINTOS PECHADOS E/OU PISCINAS CUBERTAS 

Con motivo da actualización das medidas de prevención fronte á covid publicadas no DOG, a continuación resumimos ás que afectan ás persoas usuarias das instalacións:

As persoas usuarias poderán acceder aois centros ou instalacións deportivas pechadas ou a piscinas cubertas, tanto públicas como privadas, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso de ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa relaizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses.

* No que se refire á práctica da actividade física e deportiva federada, non se prevé a esixencia do certificado COVID dado que estas actividades deben axustarse aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

MEDIDAS PARA A ASISTENCIA A EVENTOS DEPORTIVOS

O DOG recolle a obriga de exhibición de documentación que acredite o cumprimeto de determinados requisitos para o acceso a eventos multitudinarios (recintos pechados con asistencia de público superior a 200 persoas ou recintos abertos con máis de 500 persoas):

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa relaizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses.

Documentos:

Medidas prevención covid eventos deportivos (65 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión