Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2026

O Concello abre en xuño o prazo de inscrición dos cursos municipais de iniciación ao golf de verán

As solicitudes poderán presentarse entre o 1 e o 7 de xuño para participar nas actividades programadas nos meses de xullo e agosto

O Concello abrirá do 1 ao 7 de xuño o prazo de solicitude para participar nos cursos municipais de iniciación ao golf programados para este verán no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Deportes, está dirixida a persoas adultas, mocidade e infancia que desexen achegarse á práctica deste deporte.

A lista provisional de persoas admitidas publicarase o día 09 de xuño de 2026 na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios do propio Campo Municipal de Golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva de la Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010. O listado definitivo farase público o 12 de xuño. O sorteo das prazas terá lugar o 15 de xuño e o listado de persoas adxudicatarias publicarase o día 17. 

A matrícula poderá facerse do 18 ao 26 de junio no campo municipal de golf Torre de Hércules. Toda a información relativa aos cursos, horariose procedemento de inscrición poderá consultarse na páxina web municipal e nos espazos habituais de información deportiva do Concello.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a importancia de seguir promovendo iniciativas deportivas accesibles para toda a cidadanía. "Desde o Concello seguimos traballando para ofrecer alternativas deportivas e de lecer saudables durante o verán, fomentando ademais a práctica do golf entre persoas de todas as idades nunha instalación municipal de referencia. Desde o Gobierno de Inés Rey cremos que os deportes, todos os deportes, son para todo o mundo. Por iso levamos anos apostando por estes cursos de iniciación ao golf asequibles e públicos.", sinalou.

Os cursos de xullo celebraranse entre o 2 de xullo e o 3 de agosto, mentres que os de agosto desenvolveranse do 6 de agosto ao 7 de setembro. As actividades levaranse a cabo en diferentes horarios e quendas adaptadas aos distintos perfís de alumnado.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión