Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2026

O Goberno municipal pide á Xunta que colabore ofrecendo transporte adaptado ás familias, cumprindo as súas competencias

O Concello adxudica as prazas para as actividades do CEE Nosa Señora do Rosario, adaptadas ao alumnado con necesidades especiais

Un total de 15 nenos e nenas se repartirán os postos nos cinco grupos, que inclúen multideporte e judo adaptados e creación artística e artes escénicas exclusivas

O Concello adxudicou 62 prazas para as actividades gratuítas no CEE Nosa Señora do Rosario, dirixidas ao alumnado con necesidades especiais de cara ao curso 2026-2027. Inicialmente, a previsión era de 48 prazas, pero ante a petición da maioria do alumnado de asistir a máis dunha actividade ao longo da semana, resolveuse ampliar o programa. En total, participarán 15 nenos e nenas nos cinco grupos. 

Este proxecto pioneiro é unha iniciativa enmarcada no plan do Goberno de Inés Rey para promover a práctica do deporte e o desenvolvemento de habilidades nunha contorna segura e dentro dun programa definido e adaptado. 

"No Goberno municipal estamos moi orgullosos de sacar adiante un programa tan importante como este. Así reivindicamos o dereito de todos as nenas e nenas a desenvolver as súas capacidades nunha contorna segura e con profesionais capaces de atender as súas necesidades. Esa é a senda que queremos seguir, a dunha cidade aberta e cos mellores servizos", apuntou o concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego. 

Tras a resolución da adxudicación de postos, o prazo de aceptación será do 15 ao 24 de xullo. As cinco actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 15.00 a 17.00 (aínda que a saída do alumnado poderá adaptarse ás necesidades de conciliación das familias). Os grupos que se formarán son:

  • Luns: multideporte adaptado (13 prazas)

  • Martes: multideporte adaptado (15 prazas)

  • Mércores: judo adaptado (11 prazas)

  • Xoves: multideporte adaptado (11 prazas)

  • Venres: creación artística e artes escénicas inclusivas (12 prazas)

"O noso programa é pioneiro e será un gran primeiro paso cara unha oferta educativa máis diversa na cidade. Sin embargo, para garantir a verdadeira conciliación e o desenvolvemento das actividades, o Concello pide á Xunta que faga a súa parte do traballo e ofreza transporte adaptado aos nenos e nenas, aliviando esa responsabilidade ás familias. É a demanda lexítima dos pais e nais ante unha competencia que a Xunta non debe seguir eludindo", remarcou o Juan Ignacio Borrego, quen recordou que aínda que o solicitaron en catro ocasións o delegado de Educación da Xunta todavía non se reuniu co Concello para falar dos distintos problemas e carencias dos servizos educativos na Coruña.

O desenvolvemento destas actividades, que será do 1 outubro de 2026 ao 18 de xuño de 2027, busca poñer o foco de atención nas necesidades dos escolares con necesidades educativas especiais reivindicando o seu dereito a ter un programa de actividades complementarias (fóra da súa xornada lectiva) a través do cal poidan practicar deporte e cultura do mesmo xeito que os demais nenos e nenas, de forma adaptada. Os grupos estarán formados por escolares de entre 6 e 21 anos, e as actividades levaranse a cabo no propio centro para facilitar a conciliación laboral e que as nenas e nenos non se teñan que desprazar a outros lugares. 

A aceptación das prazas deberá ser asinada por ambos proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao servizo municipal de Educación (SME), a través, da sede electrónica do Concello, nesta ligazón, ou nun rexistro público do Concello da Coruña de forma presencial. No caso de non poder realizar a aceptación da praza en las sedes anteriores, por motivos de coidado dun menor, poderá enviarse por correo electrónico a educacion@coruna.gal.

Un novo patio para o colexio

No mes de abril, o Concello tamén sacou a licitación a remodelación do patio do CEE Nosa Señora do Rosario, cun orzamento base de 107.420 €. Unha ampliación e renovación do espazo que busca adaptar as instalacións exteriores do centro ás necesidades particulares do alumnado, enriquecer as opcións de actividade da infancia e outorgarlles diferentes posibilidades dentro dun ámbito renaturalizado.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión