Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2026

O Concello aproba a Oferta pública de emprego deste ano 2026, que inclúe 87 prazas

O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, detallou máis polo miúdo a OPE. Case medio cento das prazas serán de acceso libre

Luz verde á Oferta Pública de Emprego (OPE) do Concello de cara a este ano, que recolle un total de 87 prazas co obxectivo de reforzar o cadro de persoal municipal nos diversos servizos existentes e, ademais, cubrir postos liberados polas xubilacións, por exemplo.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Executivo municipal, José Manuel Lage, informou esta mañá da aprobación da OPE na Xunta de Goberno Local, "unha medida clave para seguir modernizando os servizos municipais e adaptándoos ás necesidades actuais e de futuro da nosa cidadanía".

Das 87 prazas previstas, a meirande parte serán de acceso libre. É dicir, case medio cento. Outras 33 corresponden á quenda de promoción interna e, ademais, figuran cinco postos da categoría de policía local que se cubrirán pola quenda de mobilidade.

Lage detallou que esta OPE establece ata 18 prazas de técnico/a de Administración xeral, case unha quinta parte do total. Ademais, entre a quenda libre, de promoción interna e a de mobilidade tamén se computan ata 22 prazas correspondentes á Policía Local, todas elas para diversos cargos dentro do Corpo, como intendente, inspector/a e oficiais/oficialas, entre outros. Tamén se ofertarán sete prazas de administrativo/a, ao abeiro da quenda de promoción interna.

Ademais, a OPE inclúe outras cinco prazas para reforzar o servizo municipal de Bombeiros (quenda libre) e catro de arquitecto/a superior.

Haberá catro prazas reservadas para persoas con discapacidade: dúas de quenda libre e outras dúas correspondentes á quenda de promoción interna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión