17 de xuño de 2026
Hoxe aprobouse a transmisión da concesión administrativa da farmacia de Durmideira
Este mércores, na Xunta de Goberno Local deuse un paso máis no plan de ordenación das concesións municipais da Coruña, para o que se creou unha instrución específica a mediados do ano pasado.
Neste sentido, hoxe aprobouse a transmisión da concesión administrativa da farmacia de Durmideiras, adxudicada no ano 2001, cunha débeda acumulada de case 600.000 euros coa Administración local, pagamentos pendentes que agora serán saldados como paso previo á transmisión da concesión para a explotación da oficina de farmacia no barrio. Deste xeito, o Concello logra recuperar unha débeba que vén de décadas atrás.
Avances para recuperar catro aparcadoiros municipais
Tamén ao abeiro do plan de ordenación das concesións municipais, hoxe aprobouse a desestimación dos recursos interpostos polas entidades xestoras dos aparcadoiros municipais de María Pita, praza de Galicia, San Cristovo e Mestre Mateo, outorgados en réxime de concesión a Aparcamientos REO a inicios dos anos noventa.
Tal e como se informou meses atrás, o Concello constatou incumprimentos graves e continuados no tempo na explotación dos catro aparcadoiros, con informes municipais que constatan que REO incumpriu obrigas esenciais na xestión dos ditos aparcadoiros.
Por iso, o Concello está a traballar nos trámites necesarios para recuperar estas catro concesións e declarar a súa caducidade, co obxectivo de volver licitalas. Dita actuación forma parte tamén lo plan de concesións para a mellora da xestión dos bens públicos municipais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible