Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2026

O Concello celebra mañá no Ágora a 2º edición da Gala Gargallada-Novas Xeracións na Comedia

Na cita participarán 14 estudantes de 10 centros educativos que presentarán os seus monólogos humorísticos

Este xoves, 7 de maio, o auditorio do Ágora converterase no epicentro da comedia escolar coa gala final do programa Gargallada-Novas Xeracións na Comedia, un proxecto que fomenta a expresión oral e o humor en galego entre a mocidade. O evento abrirá as súas portas ás 16.30 h e comezará ás 17.00 h.

Nesta 2.ª edición, 14 estudantes de 10 centros educativos subirán ao escenario para presentar os seus monólogos, froito dun intenso proceso de aprendizaxe guiada por profesionais do humor. As madriñas e padriños da comedia que participaron no proceso de formación tamén conducirán a gala, Marita Martínez e Víctor Grande, e garantirán unha tarde chea de risas e talento.

"Aprender a rirse dun mesmo e cos demais é moi importante. Este tipo de actividades axudan a construír a confianza e a perder o medo escénico. Cremos no humor como motor da educación en valores, e este é un dos eventos máis divertidos do ano na cidade ", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, quen recordou que o Goberno de Inés Rey leva desde o 2019 apostando pola educación pública con todo tipo de programas e actividades, tanto dentro dos centros como fóra deles. 

No programa inscribíronse 30 grupos con 732 estudantes de 10 centros educativos de ensino medio da cidade, dos que finalmente se presentan na gala 14 monólogos finalistas, que competirán en dúas categorías: PILLABÁNS (1.º e 2.º da ESO) con 7 monólogos e FALCATRUÁNS (3.º, 4.º da ESO e 1.º de bacharelato) con outros 7.

Un xurado cualificado, formado por personalidades da comedia, Ángela Triana e Santi Gutérrez, e Xulia Rigueiro, técnica de Normalización Lingüística do Concello, avaliará as actuacións baseándose na calidade dos textos, a posta en escena e o uso da lingua galega, e recoñecendo o esforzo e a creatividade dos participantes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión