12 de xullo de 2026
A intervención, que contou cun orzamento de 100.000 euros, permite avanzar coa programación anual de actuacións na rede municipal, agora con novas actuacións no lugar da Comeanda
O Concello completou esta semana os traballos de saneamento previstos no núcleo poboacional de Cances, unha intervención impulsada polo Goberno municipal ao abeiro do Plan de Barrios 2025-27 e que, neste caso específico, supuxo un investimento de 100.000 euros.
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que as obras xa executadas permitiron ampliar e modernizar a rede municipal de colectores, mellorando así a recollida de augas coa adaptación das tubaxes, tal e como se está a facer no conxunto da cidade sempre que se acometen actuacións deste tipo.
"Ademais das quendas de mantemento e conservación da rede, ao longo dos últimos meses concretamos melloras de saneamento en barrios como O Castrillón, Elviña, o Barrio das Flores, Agra do Orzán e tamén no núcleo poboacional de Nostián. Agora, ademais dos traballos que fixemos no núcleo de Cances, vimos de iniciar novas tarefas no lugar da Comeanda, esta mesma semana", indicou a rexedora.
Neste sentido, en Cances implantáronse tubaxes de PVC -máis resistentes, por exemplo, que as de gres, que se utilizaban antigamente- e dun maior grosor. Con esta medida, os servizos municipais reforzan a seguridade da rede ante posibles fugas de augas e tamén fronte a xornadas de máis precipitacións.
11 de xullo de 2026

10 de xullo de 2026

9 de xullo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible