25 de maio de 2026
A alcalcesa presidiu o acto no que se entregaron recoñecementos aos axentes con 20, 35 e 40 anos de servizo, aos xubilados no 2025, aos dintinguidos pola súa traxectoria e por actos de mérito e a personalidades civís que colaboran coas forzas de seguridade
Hoxe celebrouse en María Pita o Día da Policía Local cunha homenaxe aos axentes que foi presidido pola alcaldesa, Inés Rey, que no seu discurso de agradecemento aos integrantes do corpo recordou a «disciplina, a profesionalidade e a humanidade» que caracteriza aos homes e mulleres que visten o uniforme na cidade.
«Sodes os que estades aí cando se vos precisa. Os que pensades primeiro nos demais. Os que inculcades o civismo desde o púlpito máis alto de todos: o do bo exemplo», apuntou a alcaldesa. O evento contou coa presenza do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste Sueira; o xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM), Marcial González Prada; o subdelegado do Goberno, Julio Abalde Alonso, e o director xeral de Emerxencias e Interior e da AGASP, Santiago Villanueva Álvarez.
Como é tradición, o Concello condecorou os axentes que cumpren 20, 35 e 40 anos de servizo no corpo, os policías xubilados no ano 2025, axentes distinguidos pola súa traxectoria exemplar, axentes con actos de mérito e personalidades civís que se distinguiron polo seu apoio ás forzas e corpos de seguridade.
Rey quixo aproveitar o acto para destacar a dedicación de todos os axentes e o seu traballo diario para manter a seguridade e o benestar na cidade. «É verdade que queda moito por facer. Pero existen motivos para o optimismo. A criminalidade xeral na Coruña descendeu no último ano un 1%, e a criminalidade convencional, ata un 5,7%. Son datos. Datos que nos sitúan por encima da media nacional en termos de seguridade. E datos que reflicten, sobre o papel, o froito das accións valentes de todos os axentes», engadiu a alcaldesa.
Lista de Homenaxeados
40 anos de permanencia no corpo:
Ángel Merelas Sánchez
35 anos de permanencia no corpo:
Manuel Aceña Liste
Jose Ángel Barallobre
Luis Barral Rodríguez
Antonio Manuel Cacharron Arjomil
Marcial Cambon Castro
José Luis Canosa Lamiño
Juan José Castiñeira Balsa
César Luis Castro Fraguela
Jesús Costa Fariña
Manuel Fandiño Rey
José Manuel García Rodríguez
Francisco José Lafuente Rey
Manuel Paulino López Cancelo
Jesús Ángel López Quintela
Marcos Antonio Mañana Piñeiro
Fernando Naya Prieto
Luis Manuel Otero Neira
José Luis Pereira Fandiño
Alberto Primoy Basoa
María José Sánchez Naveira
Pilar Varela Varela
Francisco Javier Vázquez Gil
Luis Antonio Veira Hermidas
Juan Carlos Vidal Díaz
20 anos de permanencia no corpo:
Raúl Bujia Rodríguez
José Luis Galdo Novo
José David López Barreiro
Ana María Pérez Manivesa
Miguel Puente Rapela
Juan José Quintas Rumbo
Efren Quiroga Tojeiro
Iván Reigosa Expósito
Alberto Sánchez García
Xubilados no 2025
José Antonio Bello Antón
José Antonio Brandariz Castelo
Manuel Cancela Vila
Manuel Cao Puga
Eulogio Cives Martínez
Felipe de la Fuente Garay
José Manuel Loureiro Vázquez
Juan Muiños Insúa
Jorge Alberto Pazos Miser
Aurora Rodríguez Penas
Carlos Sanjurjo Lorenzo
José Marcos Suevos Sánchez
Felicitacións públicas:
Carlos Gómez Rodríguez, Comisario Principal-Xefe Provincial da Policía Nacional en A Coruña.
Antonio Manuel Velasco Ruíz, Comandante de la Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil de Galicia-Xefe da Unidade de Investigación de Seguridade Vial de Galicia.
Helimer Galicia-Base SAR A Coruña (Salvamento Marítimo).
Regla Dávil Caballero, Directora Área Benestar-Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdadade do Concello.
Darío Pérez Bergantiños, Xefe do Departamento de Seguridade Cidadá-Concellería de Seguridade Ciudadá e Interior del Ayuntamiento de A Coruña.
Álvaro Louro Ojea, Vicepresidente da Asociación Española de Investigadores de Accidentes de Tráfico e colaborador da Policía Local nesta materia.
Medallas á traxectorio profesional:
Manuel Aceña Liste
Juan José Castiñeira
Enrique Lema Barca
Marcial Cambón Castro
Pablo Outeiral Ces
Medallas ao mérito policial:
Darío González Calvo e Jorge Campos Varón
Antón Gabeiras Nieto e Rubén Moure Caamaño
Pablo Rodríguez Rodríguez
Juan Carlos Pérez Mouzo

17 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible