31 de xaneiro de 2026
O 5 de febreiro, ás 9.00 horas, abrirase a reserva de entradas para os pases de febreiro, marzo e abril
O Concello ultima a convocatoria das novas sesións da actividade «Aventura coas focas», un taller de divulgación científica no que se participa na preparación dos alimentos e accedese ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba abonar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes.
Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión. No primeiro trimestre deste ano haberá 16 sesións, o que supón un total de 192 prazas. A reserva de entradas poderá realizarse nesta ligazón a partir do xoves 5 de febreiro ás 9.00 horas.
"Na Coruña temos a inmensa sorte de ter un centro público como o Aquarium Finisterrae no que se fan actividades apaixonantes para toda a familia. O goberno de Inés Rey ten claro que isto hai que coidalo e potencialo. Así foi todo este tempo e así seguirá sendo", apuntou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible